<% Function CambioFecha(strFecha) Dim strFechaFin, strDia, strMes, strAnno strDia=day(strFecha) strMes=month(strFecha) strAnno=year(strFecha) strFechaFin=strDia & "/" & strMes & "/" & strAnno CambioFecha=strFechaFin End Function %>
Inicio | Contacto: Secretaría Técnica · Secretaría Científica Establecer como Páxina InicialCastellanoPortugues
 Portada
 Presentación
 Comités
 Programa
 Participación
 Inscrición
 Aloxamento
 Premios
 Información


Comunícase ós interesados que o prazo de inscrición para as participacións de Taller e Póster ampliarase ata o 16 de outubro.

    É un honor para min presentar este III Congreso Lusogalaico sobre "Avances en drogodependencias" que celebraremos en Santiago de Compostela os vindeiros días 25 e 26 de outubro de 2007.

    O congreso virá precedido dunha xornada de obradoiros que terá lugar na véspera, día 24. Para esta ocasión preparáronse ata un total de dez obradoiros que, dende un enfoque eminentemente práctico, abordarán diversos tipos de intervención, tanto no ámbito da prevención como no do tratamento e reinserción social do paciente drogodependente.

    Ao longo dos dous días que durará o congreso trataremos de presentar experiencias innovadoras no tratamento das diferentes drogodependencias, que abrirán, sen dúbida, novas perspectivas terapéuticas, novos enfoques e novos modelos de intervención para novas poboacións e grupos específicos de consumidores. Trátase de debater conxuntamente, dende unha perspectiva interdisciplinar, sobre os necesarios cambios que debemos realizar nos nosos sistemas de atención para lles facer fronte aos cambios que, pola súa vez, están tendo lugar tanto nos patróns de consumo como nos perfís dos consumidores. E non esqueceremos o alcoholismo, as súas novas formas de expresión e algunhas das súas consecuencias, como a violencia familiar ou os accidentes de tráfico.

    Pero prométovos que non só haberá duro traballo. Tamén temos preparadas algunhas actividades lúdicas para facer máis agradable a vosa estadía en Santiago, destino final dos máis diversos camiños, xa sexan físicos ou mentais. Ademais, a luz do outono é aquí particularmente fermosa e o atardecer baña de ouro o granito da zona histórica. E, aínda antesala da “teimosa invernía”, non vos inquietedes, porque o inverno nin en Santiago é o que era.

    Na espera de ter o pracer de vervos pronto, envíovos un afectuoso saúdo,


Víctor Pedreira Crespo
Presidente do Comité Organizador




Secretaría Técnica: VIAJES ULTRATUR – VIAJES VINCIT, S.L. - Avda. Figueroa, 6 Bajo. 15705 - Santiago de Compostela.
t. + 34 981 587 000. f. + 34 981 554 365 secretaria@lusogalaico-drogodependencias.com
Secretaría Científica: secretariacientifica@lusogalaico-drogodependencias.com